O proxecto Life-OPERE presentou as súas propostas de optimización enerxética nas Xornadas Técnicas Smart Cities & Communities

27/11/2014

O proxecto Life-OPERE que desenvolve o Laboratorio de Sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC participou nas III Xornadas Técnicas Smart Cities & Communities celebradas en Vigo. A presenza do proxecto permitiu compartir coñecemento e experiencias prácticas para contribuír á mellora dos servizos á cidadanía, do contorno social, económico e ambiental.

A USC contou cun stand na zona de exposición na que se presentou o traballo realizado dentro de OPERE e no que colaborou a Oficina de Desenvolvemento Sostible [...], os investigadores do Laboratorio de Sistemas da USC Esteban Vieites Montes e Virginia Vidal Touza participaron nunha presentación sobre eficiencia enerxética na USC.

Fuente: Xornal electrónico de la USC, xornal.usc.es

Más información -->

Categoría noticia: