O proxecto europeo Life+Opere optimizará a xestión enerxética en instalacións técnicas de Campus Vida

20/03/2014

Agárdase unha redución do 30% do consumo de enerxía asociado á xeración térmica e do 35% das emisións contaminantes.

Unha xornada de traballo na Facultade de Matemáticas iniciou este xoves 20 o traballo de Life+Opere, acrónimo do proxecto europeo "Xestión Eficiente de Redes de Enerxía" que lidera a USC en cooperación con EnergyLab e con financiamento do programa LIFE da área medioambiental. Life+Opere optimizará a xestión enerxética dun conxunto de instalacións técnicas da USC situadas en Campus Vida, mediante o deseño, desenvolvemento de estratexias de aforro e eficiencia enerxética, a implantación dun plan demostrativo e a avaliación dos resultados obtidos coa planta piloto para analizar retornos de inversión das diversas estratexias.

Fuente: Xornal electrónico de la USC, xornal.usc.es

Más información -->

Categoría noticia: