07/05/2014
Tratarase dende os estándares de eficiencia construtiva a obtención da tarxeta simplificada co programa CE3X, así coma o seu rexistro telemático.
Na primeira semana de setembro a asociación ACIDE organiza un curso na Universidade de Verán da USC onde se abordará o tema da Eficiencia Enerxética na Edificación.
Ó longo de 30 horas lectivas farase unha aproximación á actualidade do sector enerxético na edificación. Tratarase o marco lexislativo, as diferentes certificacións existentes, visitaranse construcións deseñadas en base a estándares de eficiencia e dedicaranse ó manexo do programa CE3X 15 horas lectivas.
Fuente: Asociación de Ciudadanos para el Desarrollo (ACIDE), acide.es